Saltar ao contido

ecosistema costeiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva masculina

  1. (Ecoloxía) Ambiente litoral que constitúe unha zona de transición entre o sistema terrestre e o mariño; é un ecotón, fronteira ecolóxica que se caracteriza polos intensos procesos de intercambio de materia e enerxía.
    • Exemplo: A variedade e singularidade dos ecosistemas costeiros fan deles espazos de alto valor ecolóxico, cunha considerábel diversidade biolóxica.