dolomita
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do francés dolomie, na honra do seu descritor, o xeólogo francés Déodat Gratet de Dolomieu (1750–1801), e -ita.
- Pronuncia: /do.lo.'mi.ta/ (AFI)
dolomita (sg: dolomita; pl: dolomitas)
- (Xeoloxía) Mineral formado por carbonato de calcio e magnesio, de fórmula química CaMg(CO3)2, que cristaliza no sistema hexagonal, xeralmente en romboedros. Abunda na natureza en forma de rochas calcarias e dolomíticas e utilízase como fonte de magnesio, para a fabricación de materiais refractarios, e tamén se utiliza como fundente en metalurxia, para a fabricación de cerámica, pinturas e vidro.