Saltar ao contido

dilatar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /di.la.taɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

dilatar

  1. Aumentar as dimensións ou o volume de algo sen variar a súa composición.
    • Exemplo: A calor diata os corpos.

  2. (Por extensión) Engrandecer algo, facelo máis estenso ou amplo.
    • Exemplo: O alcalde, sen presas e contento, dilatou seu discurso.

  3. Deixar algo para máis adiante.
    • Exemplo: Ambos os políticos dilataron outra vez a súa reunión.

Verbo pronominal

dilatarse

  1. Agrandarse, aumentar o tamaño.
    • Exemplo: Dilatóuselle a pupila ao botarlle as gotas no ollo.

  2. Estenderse, alongarse.