desembarcadoiro
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de embarcadoiro co prefixo des-.
- Pronuncia: /desembaɾkaˈðojɾo̝/ (AFI)
desembarcadoiro (sg: desembarcadoiro; pl: desembarcadoiros)
- Lugar feito ou naturalmente preparado na costa, a carón dun río, nunha canle de navegación, ou mesmo nun porto, que serve para que atraquen as embarcacións e desembarcar mercadorías ou persoas.