Saltar ao contido

demora

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /de.ˈmo.ɾa/ (AFI)

Substantivo feminino

demora (sg: demora; pl: demoras)

  1. Acción e efecto de demorar ou demorarse.
    • Exemplo: O tren trae moita demora.

  2. Tardanza, dilación.
    • Exemplo: Organiza o banquete sen demora.

  3. (Dereito) Tardanza no cumprimento dunha obriga.
  4. (Mariña) Dirección ou rumbo en que se acha ou se observa un obxecto, con relación á doutro dado ou coñecido.

Termos relacionados

intereses de demora