cornal
Aparencia
Galego
singular | plural |
cornal | cornais |
- (Gandaría) Correa ou soga que se usa para xunguir á mulida, atando o xugo ós cornos da xugada.
- Sinónimos: corneira.
- Exemplo: O xugo vai atado ós cornos coas cornais, sogas que poden pasar dos catro metros de longo.
- Observacións: Adoita empregarse en plural, cornais. A atadura faise dando varias voltas ós cornos e ós castelares do xugo, e ó final deixa un cabo solto para guiar a xugada.
- (Carro) Aplicado ó xugo, dise do que se ata ós cornos dos animais.
Termos relacionados
Véxase tamén
- Apéndice: Partes do carro
- Vexa o artigo «carro» na Galipedia.