-cito
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego antigo κύτοσ, kýtos 'cavidade' que, en termos científicos, toma o significado de 'célula' por pensaren os primeiros microscopistas que estas consistían nunha membrana que pechaba un espazo baleiro.
Pronuncia: /ˈθi.to/ (AFI)
-cito
- Elemento de formación de palabras que se emprega construción de numerosos termos da linguaxe científica, como en adipocito, eritrocito, leucocito, linfocito, trombocito, etc.