Saltar ao contido

cariátide

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cariátide».
Cariátides do Erecteion, na Acrópole de Atenas

Substantivo feminino

cariátide (sg: cariátide; pl: cariátides)

  1. (Arquitectura) Figura feminina esculpida, con función de columna ou pilastra, que sostén un entaboamento que descansa sobre a súa cabeza. Cando a figura empregada como columna é masculina, chámase atlante ou telamón.
    • Exemplo: As cariátides que o turista pode ver no Erecteión de Atenas son réplicas. As orixinais expóñense no Museo da Acrópole (cinco) e no Museo Británico (unha).

Traducións