telamón
Aparencia
Galego

Etimoloxía: do latín telămon, -ōnis, e este do grego τελαμών (telamṓn)
telamón (sg: telamón; pl: telamóns)
- (Arquitectura) Estatua masculina que ten a función dunha columna ou piar e sostén un entaboamento sobre a súa cabeza ou nos ombreiros.
- Exemplo: Non deixes de ir ver o mouro de Mourente, que debe ser o único telamón que temos en Galicia.
- Sinónimos: atlante
- Observacións: Cando se trata dunha figura feminina equivalente, recibe o nome de cariátide.
- Exemplo: Non deixes de ir ver o mouro de Mourente, que debe ser o único telamón que temos en Galicia.