capuchino
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do italiano cappuccino.
- Pronuncia: /kapuˈt͡ʃino̝/ (AFI)
capuchino (sg: capuchino; pl: capuchinos)
- (Alimentación) Café expreso e leite subido, con escuma, que pode levar tamén cacao ou canela en po.
- Sinónimos: café capuchino.
- (Relixión) Membro dunha das diversas ordes franciscanas reformadas.
- (Zooloxía) Mono da familia dos cébidos, co pelo de cor castaña co pescozo e os laterais da cara brancos.
capuchino (ms: capuchino; mpl: capuchinos; fs: capuchina; fpl: capuchinas)