caldeirón
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de caldeira.
- Pronuncia: /kaldejˈɾoŋ/ (AFI)
caldeirón (sg: caldeirón; pl: caldeiróns)
- Nome do signo ¶ que marcaba os parágrafos.
- (Música) Signo con forma de semicírculo cun punto no medio que, posto sobre unha figura de nota ou pausa, indica que se pode executar e prolongar a vontade do intérprete.
- Sinónimos: fermata.
- (Zooloxía) Especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, subfamilia dos globicefalinos.
- Nome científico: Globicephala melas.
- Sinónimos: caldeirón común, caldeirón de aleta longa.
- Termos relacionados: caldeirón tropical, caldeirón de aleta curta.
Traducións
Globicephala melas