cainzada
Aparencia
Galego
Pronuncia: /kainˈθaða̝/ (AFI)
cainzada (sg: cainzada; pl: cainzadas)
- Estrutura de canas, vimbios ou varas entretecidos, empregada para diversos usos.
- Estrutura con paus e varas para facer cerrados ou divisións.
- Estrutura así entretecida posta á entrada dunha propiedade como forma de porta.
- Aveño de labranza cunha estrutura de forma rectangular con varas e táboas dispostos para achaiar un terreo labrado.
- (Carro) Grupo de táboas horizontais colocadas nos laterais dos carros, así como tamén dos remolques, cruzados cos fungueiros, para soster a carga, e que non caia nigunha dela.
- Estrutura feita de paus ou táboas entrecruzados que se pon a certa altura sobre o lume dunha lareira para secar e afumar alimentos.
- Conxunto de alimentos que se poñen a curar ou a afumar no trevello antes descrito.
- Sinónimos: canizada.
- Carga dun carro, dun tractor ou dun remolque.
- Sinónimos: canizada, encanizada.
- Termos relacionados: carrupada, chapelada, chapeletada.
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para «cainzada».
- «cainzada» no DIGALEGO, Ir Indo.