Saltar ao contido

cívico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'θi.β̞i.ko/ /'si.β̞i.ko/ (AFI)

Adxectivo

cívico (ms: cívico; mpl: cívicos; fs: cívica; fpl: cívicas)

  1. Relativo ou pertencente á cidade e aos cidadáns.
    • Exemplo: Dereitos cívicos. Constituíuse unha plataforma cívica de apoio ao mestre.

  2. Relativo ou pertencente ao civismo.
    • Exemplo: Educación cívica.

  3. Que denota civismo.
    • Exemplo: É unha persoa moi cívica. Ten un comportamento cívico

      .
  4. Que é da xeneralidade dos cidadáns, especialmente por oposición ao eclesiástico e ao militar.
    • Exemplo: No arquivo da cidade hai documentos cívicos e militares. Líderes cívicos e eclesiásticos lanzaron unha campaña para poñer fin a este grave problema que padece a cidade.

Observacións