Saltar ao contido

así

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aˈsi/ (AFI)

Adverbio

así

  1. Desta ou desa maneira, da forma que se acaba de mencionar ou que se vai mencionar a continuación.
    • Exemplo: Foi así como che digo. As cousas sonche así. Gústache así o café? Todo foi moi rápido e moi fácil; ninguén imaxinaba que podería resultar así. Sucedeu así: o neno ía na bici, non veu o burato e caeu

      .
  2. Posposto a un substantivo, pondera as súas calidades.
    • Exemplo: Podedes estar ben orgullosos cun fillo así

      .
  3. Gradúa a calidade indicada polo adxectivo ou o adverbio que o segue.
    • {{exemplo|Non recordaba ás nenas así de altas. Así de ben pintas?
  4. Daquela, por conseguinte.
    • Exemplo: Compleméntanse ben e, así, o que lle falta a un ponno o outro

      .
  5. Semellante, similar, deste o dese tipo.
    • Exemplo: Con soldos así non se pode vivir

      .

Interxección

  1. Oxalá.
    • Exemplo: Así o leve o demo! Así morra!

      .

Termos relacionados

así así, así a todo, así como, así como así, así é, así e todo, así mesmo, así ou asá, así pois, así que, nin así.