areeiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Wikipedia-logo-v2.svg
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «areeiro».
  • Nuvola apps bookcase.svg Etimoloxía: de area.
  • Twemoji12 1f5e3.svg Pronuncia: /aɾeˈejɾo̝/ (AFI)

Open book 01.svg Adxectivo

areeiro (ms: areeiro; mpl: areeiros; fs: areeira; fpl: areeiras)

  1. Relativo á area.

Open book 01.svg Substantivo masculino

areeiro (sg: areeiro; pl: areeiros)

  1. Persoa que traballa ou comercia con area.
  2. Depósito de area dalgúns tranvías ou locomotoras.
  3. Extensión de terreo chea de area.
  4. (Ictioloxía) Peixe plano semellante ó linguado, do que se diferencia por ser máis pequeno e presentar unha mancha clara na aleta pectoral. Máis coñecido como acedía. De nome cientifico Solea lascaris.
  5. (Ictioloxía) Peixe actinopeterixio mariño, da familia dos ammodítidos. De nome cientifico Ammodytes tobianus, de corpo alongado e fino, demersal.
  6. (Zooloxía) Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, familia dos crangónidos, que se encontra nas costas do Atlántico oriental, habitualmente nadando sobre as areas das praias. De nome cientifico Crangon crangon.

Traducións