agoiro
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aˈɣojɾo̝/ (AFI)
agoiro (sg: agoiro; pl: agoiros)
- Procedemento de adiviñación usado na antigüidade e en distintas épocas por pobos supersticiosos, baseado esencialmente na interpretación de sinais coma o canto ou o voo das aves, os fenómenos meteorolóxicos, etc.
- Presaxio ou sinal de feitos futuros.
- Prognóstico baseado na interpretación supersticiosa e sen outro fundamento de sinais ou accidentes.
- Persoa, animal ou cousa que dá mala sorte.
- Sinónimos: gafe.