achandar
Aparencia
Galego
Pronuncia: [at͡ʃanˈdaɾ] (AFI)
achandar transitivo
1. Deixar unha superficie sen engurras nin asperezas.
2. Encher un terreo ou derrubar un edificio ou construción.
3. (Figurado) Superar unha dificultade e quitar atrancos para que outros realicen ese labor (achandou o camiño).
achandar transitivo e pronominal
4. (Figurado) Conformarse ó perder un o pulo ou o ánimo.
Sinónimos
1. achaiar, achanzar, alisar, aplanar.
4. abater, achaiar, achanzar, chafar, aplanar.
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | achandar |
| Xerundio | achandando |
| Participio | achandado, achandada, achandados, achandadas |
| 1 Vostede(s) |