Saltar ao contido

acervo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.'θɛɾ.βo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

acervo
(sg: acervo; pl: acervos)

  1. Conxunto de bens materiais ou espirituais que pertencen a unha colectividade ou a varias persoas.
    • Exemplo: Nos momentos económicos difíciles recorría á venda de obxectos do acervo familiar.

  2. (Figurado) Conxunto de bens inmateriais de carácter cultural ou espiritual que forman parte da tradición dun pobo ou dunha colectividade.
    • Exemplo: Ese persoeiro contribuiu a aumentar o noso acervo cultural.

  3. (Figurado) Montón de cousas miúdas.
    • Exemplo: Pedantemente direi que no faiado teño un acervo de trapalladas.

Termos relacionados

acervo comunitario, acervo xénico