abrupción
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín abruptĭo, -ōnis (rotura).
- Pronuncia: [a.βɾupˈθjoŋ] (AFI)
abrupción (sg: abrupción; pl: abrupcións)
- (Cirurxía) Esgazadura ou rotura.
- (Cirurxía) Fractura transversal dun óso, especialmente preto dunha articulación e con superficies desiguais rugosas.
- (Retórica) Figura pola cal se suprimen as transicións, co fin de dar máis enerxía e vivacidade ao estilo.