Saltar ao contido

abietáceas

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aβjɛˈtaθe̯a̝s/ (AFI)

Substantivo feminino plural

abietáceas

  1. (Botánica) Familia de plantas ximnospermas da clase das coníferas e orde das pinales de ubicación taxonómica controvertida, xa que algúns autores considérana sinónima de pináceas, mentres que outros inclúen nela as pináceas e as araucariáceas.
    • Exemplo: Todas as abietáceas son de follas persistentes, agás o alerce e demais árbores do xénero Larix.