Xurásico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     xurásico

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Xurásico».
  • Etimoloxía: da cordilleira do Xura.
  • Pronuncia: /ʃuˈɾasiko̝/ (AFI)

Nome propio

Xurásico

  1. (Historia) (Xeoloxía) Período xeolóxico da era Mesozoica, que sucede o período Triásico e precede o Cretáceo. Divídese no Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, do máis antigo ao máis recente, tamén coñecidos en Europa como Lias, Dogger e Malm, termos hoxe obsoletos. A Comisión Internacional de Estratigrafía recoñece estas tres épocas/series e once idades/pisos: Hettanxiano, Sinemuriano, Pliensbaquiano, Toarciano, Aaleniano, Baxociano, Bathoniano, Caloviano, Oxfordiano, Kimmeridxiano, Titoniano.

Observacións

  • Adoita escribirse en maiúscula.

Traducións