Saltar ao contido

Wiktionary:Proxecto de Portada/Sabías que

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

O presente proxecto pretende completar o apartado Sabías que que aparece na Páxina Principal.

Resumo

[editar]

O seguinte cadro despregable mostra os Sabías que para todo o ano.

Propostas agosto 2008

[editar]
  • Márcase cunha ligazón interna a palabra que interesa destacar en casa caso.
  • Naturalmente, a fonte é para vosa información, non para ser publicada.
  • O texto que aparecería publicado na portada é o que vai en cursiva.

Semana 20 (12-18 de maio)

[editar]
  • sábado 17: ...o 17 de maio de 1963 se celebrou o primeiro Día das Letras Galegas, conmemorando o centenario da publicación de Cantares Gallegos, mais a data exacta da publicación desta obra de Rosalía é unha incognita?. Furagaitas* 00:00, 14 agosto 2008 (UTC)

Semana 32 (4-10 de agosto)

[editar]
  • luns 4.08: ... en castelán chaman mesa gallega a aquela na que non se come pan de trigo, senón de centeo ou millo? (fonte: DRAE)
  • martes 5.08: ...o xentilicio do concello de Castro Caldelas é caldelao?
  • mércores 6.08: ... no ano 2007 se editaron en España 70.520 libros e se compraron case 251 millóns de exemplares? (fonte: Federación de Editores de España, La Voz 5.07.2008)
  • xoves 7.08: Galicia conta con 506 praias censadas (o 26% do Estado), das que 366 cumpren os requisitos de Excelencia de Augas da Unión Europea? (fonte: Dirección Xeral Medio Ambiente da Comisión Europea, La Voz 3.06.2008)
  • venres 8.08: ...o Museo do Pobo Galego, sito en San Domingos de Bonaval, Santiago, é o museo etnográfico máis completo de Galicia? (nota: o 8.08 é San Domingos)
  • sábado 9.08: ... "os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo" (Ludwig Wittgenstein, filósofo austríaco, 1889-1951)? (fonte: Muy interesante, xullo 2008) (Nota: non me negaredes que a frase é preciosa).
  • domingo 10.08: ... ó sol lle chaman Lourenzo e á lúa Catalina (ou Margarida)? (fonte: popular)
  • Espero suxestións, colegas. Saúdos, Pedro --P Lameiro 14:46, 3 agosto 2008 (UTC)

Semana 33 (11-17 de agosto)

[editar]
  • luns, 11.08: ... tal día como hoxe, de 1903, naceu Ánxel Fole, que buscaba recoller nos seus relatos recolle a fala popular do Courel, cos seus vulgarismos, hipergaleguismos e dialectalismos peculiares desta zona?
  • martes, 12.08: ... a UNESCO calcula en 6.700 o número de linguas vivas no mundo, pero que o 96% delas son utilizadas só polo 4% da poboación mundial? [Fonte: Muy Interesante, agosto 2008]]
  • mércores, 13.08: ... o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) recolle na súa base de datos o léxico publicado en textos galegos desde 1612 ata o 2002? [fonte: http://www.ti.usc.es/TILG/]
  • xoves, 14.08: ... o filósofo austríaco Ludwig Wittgenstein (1889-1951) afirmaba que "os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo" (fonte: Muy interesante, xullo 2008)
  • venres, 15.08: ... o termo Galicia é un préstamo do galego ó español e non representa castelanismo ningún ? [Fonte: Gran Enciclopedia Galega]
  • sábado, 16.08: ... o exemplo clásico da abundancia de denominacións dos esquimós para a neve, como demostración da riqueza lingüística, foi proposto a principios do XX e posteriormente inflado unha e outra vez sen base real, chegando a calificarse como "un dos mitos da lingüística antropolóxica"? [fonte: http://cvc.cervantes.es/trujaman/anteriores/octubre_04/01102004.htm]
  • domingo, 17.08: ... a aceptación como nomes comúns de obxectos e materiais bautizados como marcas rexistradas (uralita, aspirina, celofán, maicena, rímel, formica, michelín, etc.) foi moitas veces obxecto de demandas xudiciais polos propietarios da marca que, ás veces, conseguiron que se retiraran dos dicionarios? [Fonte: El País, 16.02.1997]

Semana 34 (18-24 de agosto)

[editar]

Transcribo as propostas que fixo Furagaitas o pasado día 9:

  • luns, 18.08: ...o documento máis antigo escrito en galego no territorio que actualmente constitúe Galicia do que hai constancia, é O Foro do bo burgo do Castro Caldelas, de 1228. (da Galipedia)
  • martes, 19.08: ...A Noticia de fiadores é considerado o documento máis antigo escrito en galego, con data de 1175. (da Galipedia)
  • mércores, 20.08: ...o éuscaro distingue entre anaia (irmán dun varón), arreba (irmá dun varón), neba (irmán dunha muller) e ahizpa (irmá dunha muller).
  • xoves, 21.08: ...o sistema de escritura chinés conta cun repertorio de entre 5.000 e 10.000 caracteres diferentes, aínda que se poden chegar a contar decenas de miles de caracteres se se contan todo tipo de formas variantes, arcaicas ou sumamente raras. (da es-Wikipedia)
  • venres, 22.08: ...nas linguas tonais, como a chinesa, o significado das palabras depende do ton co que se pronuncien.
  • sábado, 23.08: ...as dez linguas máis faladas do mundo son o mandarín, o hindi, o inglés, o español, o árabe, o portugués, o bengalí, o ruso, o xaponés e o alemán. (da en-Wikipedia)
  • domingo, 24.08: ...moitos dos topónimos galegos rematados en -bre, -be ou -ve (Callobre, Deixebre, O Grove, Pantiñobre, Pezobre, Trobe) derivan do elemento céltico -brix ou -bris, que significa altura. (do libro 'Lingua e territorio')