Saltar ao contido

Modelo:Sabías que/29 de novembro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

...en galego, ademais de poder chamar alguén cunha palabra coloquial e patrimonial coma "parvo" (que vén do latín parvus, "pequeno"), tamén podemos utilizar o cultismo "pánfilo"? Esta verba procede do grego pan- ("todo") + -filo ("amante"). Así, orixinariamente significa "a quen lle gusta todo", co cal designa unha persoa que se interesa por todo, non remata nada e vive nun mundo distraído e de felicidade.