lebre
Aparencia
Grafías semellantes: Lebre |
Galego
- Etimoloxía: do latín lepus, -ŏris.
- Pronuncia: /ˈlɛβɾe̝/ (AFI)
lebre (sg: lebre; pl: lebres)
- (Zooloxía) Nome común dos mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencentes ao xénero Lepus, máis lixeiras e veloces que os coellos, coas patas traseiras moi desenvolvidas para a carreira e longas orellas. Non constrúen coelleiras senón simples camas nos acobillos do terreo.
Traducións
- Alemán: Hase (de)
- Asturiano: llebre (ast)
- Castelán: liebre (es)
- Checo: zajíc (cs)
- Francés: lièvre (fr)
- Inglés: hare (en)
- Italiano: lepre (it)
- Polaco: zając (pl)
- Portugués: lebre (pt)
Locucións
- dar gato por lebre
- deixa andar o can coa lebre: advertencia para previr que un asunto rematará probablemente mal.
- face-las lebres: faltar a clase, latar.
- herba da lebre: herba de monte alto, de cor verde abrancazada, suave ó tacto. Tamén se chama herba molar.
- liño de lebre: cuscuta, planta parasita que medra adoito sobre o toxo.
Portugués
- Etimoloxía: do latín lepus, -ŏris.
lebre (sg: lebre; pl: lebres)
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Substantivos femininos
- Zooloxía en galego
- Portugués
- Entradas en portugués derivadas do latín
- Entradas en portugués con etimoloxía
- Substantivos femininos en portugués
- Zooloxía en portugués