Conversa usuario:Rosamf

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Boas Rosa, benvida ó Galizionario. Como puiden comprobar, vés de traballar na Galipedia, polo que non me meterei a explicarche as normas da casa. Recoméndoche que lle botes unha ollada a Axuda:Libro de estilo ou a Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo para aprender a formatar os artigos. Tamén podes copiar o estilo de artigos xa existentes (boca, bodega, ciencia ou semana son bos exemplos). Recorda que nos wiktionaries, ó contrario que nas wikipedias, os artigos poden comezar por minúscula (a maioría) ou por maiúscula; así, a entrada Chairego que creaches xa existía na súa forma correcta con inicial minúscula.
Se tes calquera dúbida non temas en me preguntar, ou expona na Taberna. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 19:25, 25 de xaneiro de 2011 (UTC)