Saltar ao contido

Conversa usuario:Kamakic

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Benvida

[editar]

Ola Kamakic! Benvido ó Galizionario. Se es afeccionado ás linguas como dis na Galipedia penso que che ha gustar colaborar connosco (así o espero). Polo que vin tiveches algún problemiña na túa chegada: intentarei mañá (hoxe non podo) darche unhas nocións básicas para comezar no Galizionario. Un saúdo e... boa estadía! [ Furagaitas * ] 14:52, 30 de maio de 2010 (UTC)

Outra cousiña: se queres ir traballando, recoméndoche non andar facendo e desfacendo en modelos e categorías (xa o resolveremos entre os dous); crea artigos, que falta nos fan ;) [ Furagaitas * ] 14:54, 30 de maio de 2010 (UTC)
Ben, polo que vin xa deches resolto o problema da categorización das entradas. Ás veces pode tardar en aparecer (ou desaparecer) unha entrada dunha categoría (incluso o contador de artigos pode marcar de menos); son pormenores da actualización do sistema, pero antes ou despois aparecerán.
Na páxina sokna cambiei {{refcategoria|sokna}} por {{refcategoria|sokna}} ({{refcategoria}} require o nome de lingua en maiúscula).
Polo demais, vexo que soubeches dar co modelo de artigo básico (bodega, semana, tella, venres,... son bos exemplos). Como ves de traballar noutro proxecto non vou entrar no dos Piares Básicos (política sobre dereitos de autor, traballos orixinais,...). Aquí podes atopar máis información sobre como funciona o Galizionario.
Ultimamente non apararecen con moita frecuencia, pero son colaboradores habituais Xoán Carlos Fraga (o único administrador máis ou menos activo que temos), Elvire, Gallaecio e Norrin strange. De seguro que calquera deles, igual que min, non tería inconveniente en botar unha man se o precisas. Entre os ausentes cabe mencionar a Sobreira, Prevert, Aricum e Rabalde.
Máis nada. Se precisas axuda sobre algún tema concreto ou se queres saber en que podes colaborar, pregunta sen problema. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 17:16, 31 de maio de 2010 (UTC)

Re: Femininos

[editar]

Pois o máis correcto, conforme a como se ven traballando no Galizionario, sería remitila a rapaz. Fixen cambios en temuzzeet e en rapaz, a ver que che parece como resolvín o caso. [ Furagaitas * ] 18:40, 31 de maio de 2010 (UTC)