Saltar ao contido

Conversa usuario:José Guirao

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Último comentario: Furagaitas hai 6 anos no fío "Artigo shur"

Benvida

[editar]

Boas. Benvido ó Galizionario. Agradécese a túa colaboración, pero observo que non coñeces o noso Libro de estilo. Por favor, bótalle un ollo e coméntanos as dúbidas que teñas. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 8 de agosto de 2018 ás 14:24 (UTC)Responder

Toponimia de Galicia

[editar]

Perdoa, pero eu non son o deturpador. Simplemente son testemuña dunha realidade. E a realidade é que os mesmos galegos usamos os topónimos castelanizados (algúns ata chegaron a substituír os galegos). E ademais a RAE recomenda estas formas para o uso en castelán. Non te enganes, eu non defendo o uso destas formas, mais respéctoo. Outra cousa é a oficialidade, que espero respecte sempre as formas galegas como únicas válidas. Un saúdo. PD: por favor, repasa o libro de estilo, aforrarasnos traballo ós que nos dedicamos a supervisar. PD2: as páxinas de outros usuarios non se deben editar, queda un pouco feo. [ Furagaitas * ] 13 de agosto de 2018 ás 21:32 (UTC)Responder

Bloqueo

[editar]

Boas José. Sinto dicir que crin preciso bloquear a túa conta de usuario. As túas últimas edicións son unha provocación. O bloqueo é por unha semana, máis se non recapacitas pode ser permanente. Durante esta dita semana só poderás escribir nesta páxina de conversa. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 20 de agosto de 2018 ás 13:57 (UTC)Responder

Bloquear

[editar]

Non é certo. Eu fixen o mesmo cos topónimos que o que facedes vós,só que uns os inventou o nacionalismo español do XIX (Arteijo,Rianjo,Sangenjo,Carballino) e outros inventeinos eu. Pero é igual,todo iso son deturpacións. José Guirao (conversa) 20 de agosto de 2018 ás 14:35 (UTC)Responder

Artigo shur

[editar]

Ola. Teño visto esta palabra en ForoCoches, pero non sei se se usa en máis sitios. Se se demostra que ten un uso máis ou menos estendido, non vexo inconveniente para non recollela. [ Furagaitas * ] 23 de setembro de 2018 ás 21:34 (UTC)Responder