Conversa usuario:Gallaecio/2009
Nova secciónOla Gallaecio, vexo que non che esquece o Galizionario. Moitas grazas.
Queríache comentar algo sobre a entrada tuneis que creaches. Por un lado recordar que o plural de túnel segundo a normativa oficial é túneles; pero no caso de seguir o modelo de formación de plural das palabras agudas, o plural debería levar til (túneis). Preferín non tocarlle á páxina sen saber a túa opinión. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 06:15, 13 abril 2009 (UTC)
Boas Gallaecio. Eu son novo aquí. ¿Procedería mover carrillos a carrillo?
Outra pregunta, pódese no galicionario recoller expresións do castelán como "comer a dos carrillos"?. Graciñas--Raspiñeiro 13:10, 4 maio 2009 (UTC)
- Desculpa, pero síntome aínda un pouco perdido. Quizais, segundo o que dis, fixen mal incorporando a palabra "faceiras" ádefinición de carrillos. Se é así, corríxeo, por favor.--Raspiñeiro 19:47, 5 maio 2009 (UTC)
- Acabo de crear a entrada cohipónimo. Certamente, non esperaba poder tamén crear as entradas cohipónima, cohipónimos e cohipónimas. Polo de agora non o vou facer, pois prefiro ser produtivo e crear vocábulos novos. Grazas, as túas palabras axúdanme a reflexionar--Raspiñeiro 19:54, 5 maio 2009 (UTC)
Non entendo varias cousas, dígoo por se non domino o wiki:
- 1. Dis exactamente:faleiche pensando que fora eu quen escribira o artigo carrillos. ¿Pode o historial da páxina indicar que a iniciou un usuario diferente ó que a iniciou?
- 2. Non entendo o de "Menos letra, e máis claridade e limpeza". Agradecería que mo aclarases--Raspiñeiro 20:01, 5 maio 2009 (UTC)
- Xa entendo, desculpa, por un momento non entendía nada. Mesmo pensei que non me tiña que ter dirixido a ti e que mo botabas en cara con iso de "Menos letra, e máis claridade e limpeza", por iso che preguntei o que queria dicir esa expresión. Grazas pola aclaración. Agradézoche tamén que se ves que cometo algún erro, mo comuniques. A verdade é que e encontro bastante perdido. Sorpréndeme que se poidan facer aquí artigos con femininos ou plurais, pois iso leva a pensar que tamén se poden facer coas diferentes variacións dun verbo, pero ben, se é así, é así. estarei ó tanto de se tamén se poden facer coas formas verbais--Raspiñeiro 20:30, 5 maio 2009 (UTC)
- Intúo o que dis, pero hai algo que se me escapule. ¿O galicionario está dirixido principalmente a xente que fala outras linguas ou a xente que fala galego? ¿Se es galego, que necesidade tes de buscar no Galizionario o que significa "facílimo" cando o podes buscar nun dicionario en portugués?, pois se encontras ese vocábulo nun texto has saber en que lingua está, e está en portugués. Non sei, desculpa. Desculpa porque eu, ademais de entender o que se me di, procuro asumilo e facelo meu. Agora mesmo non dou feito meu o que dis.
- Nun inicio, para min, facer un dicionario con femininos, plurais masculinos, plurais femininos e verbos con todas as súas variantes, é facer un dicionario destinado a ineptos lingüísticos, ineptos dos que en Galiza non creo que haxa tantos. Pero ben, considerareino. Sexa como sexa, creo que o Galizionario está destinado ós galegos e que, se un galego ten un texto en alemán, ou sabe algo de alemán, ou o galicionario non pinta nada. En caso de que saiba algo de alemán, terá que ir ó dicionario alemán, pois mentres non haxa alemáns aquí traballando no alemán, levámola clara, polo cal presupoño que o esforzo dos que estamos aquí non debería radicar en crear palabras en alemán, en francés ou en español (salvo que sexan especilaistas nesas linguas).
- Creo, a pesar de todo, que podes ter razon, pensarei no que dis. Sexa como sexa, eu teño que aceptar o que o Galizionario é, non o vou inventar ou reinventar eu, inda que me gustaría asumir persoalmente a sua estrutura. Graciñas--Raspiñeiro 21:24, 5 maio 2009 (UTC)
Quizais ó final sexa todo unha cuestión de prioridades. Por exemplo, gustaríame saber cantas palabras galegas correctamente definidas ten o galicionario.--Raspiñeiro 21:27, 5 maio 2009 (UTC)
- Grazas pola obsevación de chao, non se me ocorrera. Seguramente non se me ocorrera por só me estar preocupando facer entradas en galego, pois nin se me pasara pola cabeza facer a entrada en español.--Raspiñeiro 17:44, 11 maio 2009 (UTC)
formas de palabras
[editar]Ola Gallaecio ! Eu pensaba que ainda non hai consenso da comunidade para abrir páxinas coas formas de nomes, verbos etc. Faíse en moitos wikidicionarios. Eu non estou en contra. Sempre encantado Gallaecio Elvire 20:13, 14 maio 2009 (UTC)
Plurais
[editar]Ola Gallaecio. Vin que estabas creando entrada coas palabras en plural, a regra actual no Galizionario é que as entradas das palabras sexan en singular, de feito nos modelos e formatos que se usan inclúense as formas en plural da palabra. Aínda que o Galizionario ten moi poucos usuarios, estes levan facendo un esforzo por darlle coherencia, consistencia e fiablidade, polo tanto é preferible realizar un debate previo antes de cambiar o procedemento actual. Todo o dito non lle quita valor ao teu traballo, precisamente para os proxectos en galego que non son a Galipedia é moi importante contar con colaboradores activos aínda no caso de que as entradas non sigan exactamente o modelo. Mesmo poida que no Galizionario sexa máis complicado seguir os modelos que na propia Galipedia (ata poida que sigan existindo certas inconsistencias). Vaian por diante as miñas desculpas por non ter estado moi presente utltimamente e por non ter sido de axuda no clarexemento destas cuestións e semellantes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:15, 14 maio 2009 (UTC)
Mensaxe na Taberna
[editar]Ola Gallaecio. Espero que non o tomes a mal, supoño que non te decataches pero as mensaxes doutros usuarios non se poden modificar, por favor restitúe a miña mensaxe orixinal da Taberna para garantir a integridade da miña intervención e pon o texto a continuación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:43, 16 maio 2009 (UTC)
Todas entradas
[editar]Ola Gallaecio.
- Eu estou convencida ca posibilidade de abrir páxinas para todas entradas que sexan palabras, tal como esta esplicado en fr:Wiktionnaire:Critères d'acceptation des articles/Proposition 1 é un adianto de calidade para un dicionario dixital que sabe aproveitar a interacción ou a intaractividade (non sei cal é a palabra máis axeitada en galego para falar disto). (En consecuencia de isto estou en contra nos dicionarios de facer #REDIRECT). E verdade que cando se abren ese tipo de entradas, estaria ben facelo con normas de estilo de presentación, de tal forma que se vexa ben que é un + e non unha confusión. O caso de en:ides + fr:ides seria un exemplo mui ilustrativo. Eu non teño a capacidade de esplicar para convencer a comunidade. Cando atopei casos que podian resultar interesantes no Galizionario pola interferencia entre linguas (agora non lembro os casos) e que por demáis podian ser unha solución para palabras en galego, resultou que eso non estaba consensuado e non me preocupei máis polo tema, xa que teño moitos potes no lume. E por outra banda, digoche isto en toda sencillez e amistade, resulta que ti metes a pata abrindo entradas de formas pluraís en castelán que só enchen o Galizionario, pero que non dan proba da sua utilidade.
- E tamén estou convencida que non se pode adiantar nun proxecto ao non traballar con consenso necesario e vital para contribuir en confianza e con respeto, bases que non se poden traspasar. E ainda temos moito traballo posible aquí sin abrir formas que non se atopan nos dicionarios clásicos. De momento non vou espresarme na taberna, non teño nada que adiantar na conversa. Agardo : a) Prevert non entende o interes, e resulta que na miña opinion eu considero Prevert como o piar da "enxeñaría" do proxecto e polo tanto da coherencia, por estar presente desde sempre e dominar perfectamente as regras básicas de wikimedia ( o papel de estragafestas esto é o que di il !) - b) e considero Sobreira e Furagaitas (habra outros, pero non tiven ocasion de darme conta dende que ando por aquí) como piares da lingüística, ainda non deron a súa opinion desta vez, e penso que non concordan, xa veremos. Polo de Sobreira non sei si pasará, pero Furagaitas dixo que esta mui ocupado de momento.
- Digoche esto porque preguntachesme algo na taberna e importame que te animes a seguir colaborando no Galizionario ainda que non se cambien as politicas das entradas admitidas. De momento Raspiñeiro anda case só a medrar os artigos. No obstante, xa sabés Gallaecio, non hai compromiso, a liberdade de cada usuario tamén é unha base de wikimedia.
Saúdos Gallaecio aquí e noutros proxectos Elvire 17:35, 17 maio 2009 (UTC)
Cousas
[editar]Ola rapaz, benvido de novo! Mira unhas cousas:
- Corrixín algunha páxina das túas recentes creacións que tiñan errada a flexión de xénero/número.
- A forma normativa (desde o 2003) das P4 e P5 do pretérito de subxuntivo é esdrúxula (cantásemos).
- Vexo que creaches o modelo:É. Para evitar ter que andar creando os modelos de iniciais maiúsculas creei o modelo:Mai, por se o precisas algún día.
Máis nada. Por aquí andamos para o que gustes. [ Furagaitas * ] 14:25, 21 setembro 2009 (UTC)
Ola
[editar]Boas compañeiro. Oe, non sei se usaches o modelo {{verboingles}} adrede en threaten; só por se non o sabías e o prefires, tamén temos o modelo {{verboingles2}}.
Aproveitando que pasaches por aquí e que tes máis mundo ca min, a ver se sabes como podemos facer isto: as cabeceiras de lingua que temos son pouco vistosas, conviña cambialas. Gústame especialmente o deseño que teñen no Wikcionário en portugués; conseguín un deseño aproximado, pero o que non sei como se fai é que só apareza nas páxinas do espazo de nomes principal (trátase dunha cabeceira de nivel 1 que xa leva incorporado o deseño só para este espazo de nomes, sen ter que usar outro modelo máis que o de código de lingua). No Wiktionnaire en francés acontece o mesmo, pero en vez de ser de nivel 1 é de nivel 2.
E xa poñéndome pedichón de máis, ¿sabes a quen lle poderiamos pedir uns espazos de nomes "Portal" e "Apéndice"?
Grazas e que teñas un bo 2010. [ Furagaitas * ] 16:58, 30 decembro 2009 (UTC)
- Grazas pola atención. Ás veces emociónome e penso que se pode sacar o Galizionario da fochanca; pero vólvome a dar conta de que iso non é posible sen unha comunidade máis ou menos ampla e estable. Desisto novamente de propor cambios. E á Galipedia prefiro non levar cuestións do Galizionario; polo menos non a espazos comúns.
- Por certo, eu para que non se reinicie a numeración das acepción ó intercalar exemplos, teño usado " #*{{exemplo}} ".
- Veña, grazas de novo, e bo traballo. [ Furagaitas * ] 00:31, 2 xaneiro 2010 (UTC)