Conversa usuario:Beansa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Boas, e benvido ó Galizionario. Se tes algunha dúbida podes contar coa miña axuda. Por certo, a páxina na que estás traballando foi movida da dirección orixinal Mariscos galegos. Vocabulario galego-italiano-español. a Apéndice:Mariscos galegos. Vocabulario galego-italiano-español. Unha última cousa: vexo que nesa páxina estás utilizando definicións do Dicionario da Real Academia. Ata onde eu sei, ese dicionario non está libre de dereitos de autor, polo que deberías ter coidado, e ser un pouco máis orixinal. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 20 de maio de 2014 ás 21:54 (UTC)[responder]

Moitas grazas! Non pensaramos niso. Acabamos de facer a consulta á RAG para saber se é posible empregar esta fonte. Cando teñamos resposta faremos a modificación pertinente ou avisarémoste. Un saúdo, Bea, Sandra e Anxo

Acabamos de recibir resposta de Manuel González (RAG) e deunos o permiso para empregar esta fonte sempre que sinalemos a procedencia das definicións. Non sabemos que sucede coa páxina, porque non somos quen de atopar o noso artigo sen entrar na nosa conta. Poderíasnos axudar?

Un saúdo, Bea, Sandra e Anxo

Ola de novo. Debedes responder na páxina de conversa do usuario co que esteades falando (neste caso na miña), e non na vosa. Con respecto ó uso de material do DRAG, débese demostrar o consentimento para usar material con dereitos de autor, polo que non creo que abonde con dicir que vos deron permiso. Penso que o máis sinxelo sería que alterásedes un pouco as definicións ou que as redactásedes coas vosas palabras.
Non sei como facedes para acceder á páxina desde a vosa conta. Podedes escribir o título enteiro (Apéndice:Mariscos galegos. Vocabulario galego-italiano-español) na caixa de busca. Hai algún xeito máis, pero penso que este é o máis sinxelo sen entrar na vosa conta.
Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 30 de maio de 2014 ás 09:13 (UTC)[responder]