Saltar ao contido

Conversa Wiktionary:Proxecto de modelo de artigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Tema tratado con anterioridade aquí e aquí. [ Furagaitas * ] 18:12, 1 xullo 2009 (UTC)

(Comentario)

[editar]

é mellor así, entra mllor polos ollos O anterior comentario fíxoo 87.217.3.18 (disc. • contribs) ás 22:27 do 30 de xuño do 2009

Deixar

[editar]

A min gústame como o deixaches, eu o sometería a votación xa. --Norrin strange 15:13, 11 agosto 2009 (UTC)

A idea da arquitectura xeral entendoa e vaime mui ben. Boto de menos o ''{{PAGENAME}}''' no inicio de cada definición. A presentación é demasiado "encadrada" e eso de que debase premer en amosar para tantas cousas non me convence, ainda que solo sexa por ser complicado e non favorecer a colaboración. Non estou en contra o uso desas caixas de amosar e agochar, en certos casos como para as traducións por exemplo. Pero estou en contra que sexan a regra basica para todos parametros que encadran cada definición, eu non podo colaborar con tanta cousa tapada automaticamente e por ser regra. Elvire 19:54, 11 agosto 2009 (UTC)
En principio non comparto a mesma opinión que Elvire, pero sería algo que tería que meditar: cómo afectaría este modelo ó noso traballo habitual e á captación de novos colaboradores. Evidentemente ata o de agora estaba deseñando o modelo pensando como un lector, non como un editor. Cavilarei sobre isto.
O que quería neste momento era explicar porque este modelo aínda non está rematado (listo para someter a votación). E non quixera con isto desanimar a ninguén (eu son o principal defensor deste modelo, modelo que cada vez me vai gustando máis), pero hai certos motivos que o fan inviable:
  • Falta de colaboradores que dean a súa opinión e dean lexitimidade ás decisións que se tomen. No último mes andei practicamente eu só por aquí, polo que non crin conveniente traballar nisto. Ademais gustaríame contar coa opinión de, cando menos, Sobreira, pero tamén coa de Aricum, Prevert, Lameiro,...
  • Colocación defectuosa dos cadros despregables con determinados navegadores.
  • Existencia de modelos bloqueados que só poden ser editados por administradores.
  • Colocación e deseño das marcas de campo semántico indeterminados (enriba da definición/na mesma liña/embaixo; cursiva/redonda; negra/normal; ...)
  • Non me convence moito o deseño do triplete etimoloxía, pronuncia e audio, ou o da flexión.
  • Hai que estudar a conveniencia de ter dúas cabeceiras para definicións e traducións.
Unha vez resoltos estes e outros problemas habería que probar a viabilidade do modelo en varios artigos de diferentes complexidades.
Xa digo que non quero con isto desilusionar a ninguén. Todos podemos pór o noso gran de area modificando o proxecto de modelo ou opinando sobre el. O que quero que se entenda é que o Galizionario vai nunha marcha máis lenta que outros proxectos como a Galipedia. Ademais, a aparecia é importante, pero aínda o é máis a calidade dos artigos. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 06:43, 12 agosto 2009 (UTC)
Non te preocupes Furagaitas, por min non me desanimas, se a comunidade ten un regra que me costa moito tempo para crear artigos, pois farei edicións pequenas en grande cantidade. Non me vou a desanimar por algo que non me conven. Deixarei o Galizionario o día que pense que non falla a pena ter na rede un dicionario coa súa orixinalidade.
  • Sen alargar moita a conversa :
  • Estrañame que digas que sentiches só iste mes, eu anduven case coma sempre e Norrimstrange fixo bastantes edicións ...
  • Non concordo para tantas caixas pechadas, por unha banda, como editora eso si ; tamén estou en contra coa pratica que teño como lectora dos outros wikidicionarios e doutros dicionarios na red.
  • De non ser as caixas o modelo gustame, e por mín cando sexamos maís usuarios (que teñen que estar algo comprometidos aquí), como ti o dis podelo propor a votación.
  • Para rematar direi que eu aprecio moito todo o traballo de modelización que levas a cabo.
    Sen máis, saúdos a todos que pasen Elvire 20:06, 12 agosto 2009 (UTC)

Non Elvire, entendiches mal. Quen non quería que se desanimase era Norrin strange, non me gusta estarlle poñendo reparos sempre en temas como este.
E cando digo que andei practicamente eu só por aquí referíame especialmente a Norrin (3 edicións durante xullo) e a Gallaecio (ningunha edición en xullo), que son os que propuxeron cambios (aínda que ti tamén colaboraches nese mes moito menos que de costume). Non quero con isto criticar nada, simplemente xustificar o porqué eu aparquei este tema para dedicarme a otros máis produtivos. E non teño pesando poñerme de novo polo menos ata que remate co que teño entre mans. [ Furagaitas * ] 07:41, 13 agosto 2009 (UTC)

Agora entendo ben Furagaitas e penso que concordamos en que temos que ser varios en "funcionar" para propór cambios (claro esta que isto non lle quita o dereito de voto a outros) e penso que nos agradaría que Norrim strange e Gallaecio (por nombrar usuarios dínamicos) non se espanten. Sempre esta ben de aclararse, a colaboración vai máis a gusto. Elvire 10:53, 13 agosto 2009 (UTC)
Non, se tes razón. O que sí creo que se podería cambiar dende xa é o modelo de traducións. Non ten sentio ter unha lista de cincocentas traducións todas visíbeis (debería ser despregábel). --Norrin strange 17:55, 13 agosto 2009 (UTC)
Non entendo ben con que estas dacordo Norrim. Caixas despregábles para as traducións, como dixen arriba eu concordo, como lectora por parecerme simpatico algunha caixa e como editora, porque traballo a parte cando estou con traducións Elvire 19:38, 13 agosto 2009 (UTC)

Comentarios sobre o estado actual da proposta

[editar]

Lamento a miña loooooooonga ausencai. Estiven algo ocupado (exames), e inda que deixei de editar dende xullo, xa viña editando máis ven pouco dende antes. Agora comeza o curso e a ver se traballo con máis frecuencia nos proxectos Wikimedia. E no Galicionario hai tres cousas que teño en mente facer: 1. Seguir traballando (se ven non teño tantas ganas agora mesmo) nunha páxina de axuda como a da Galipedia para o Galicionario, 2. retomar a creación de novas páxinas (só formas das que aparecerían nun dicionario clásico ata que as condicións sexan óptimas para propóir un cambio de política) e 3. axudar en todo o que me sexa posible a esta proposta, que me parece moi importante para o Galicionario. Así que, paso a comentar sobre a proposta actual:

  • Non me gusta como está deseñado o nome da lingua agora. Eu poría letras más pequenas, e as modificacións de estilo faríallas ao elemento h1, en vez de mesturar h1 e h3 (nótese que aprendín CSS :D). Poderíamos partir dun:
Ao que poderíamos quitarlle o bordo inferior (ou mudarlle o tamaño), cambiar a extensión do fondo (que me parece algo excesiva quizáis), etc. Por ir paso por paso creo que me vou centrar en que estudemos o aspecto deste elemento, que foi o que máis me abraiou cando vin a proposta hai uns minutos. Non sei nos vosos navegadores, pero a min aparéceme o bordo inferior do h1 (o que aparecería nun texto da forma ==[texto]==) e debaixo o título da lingua.
Respecto a outras cousas, prefiro ir véndoas dunha nunha. Pero en liñas xerais tamén revisaría o do triplete. O de agochar por defecto todo agás a definición me parece moi ben, osto que realmente o que a xente busca normalmente é unha simple definición para comprender o termo. O demáis é opcional, e só algunhas persoas o quererán ler (e os que queiran non quererán todo, senón só unha parte, coma o cadro dos tempos verbais). Respecto do triplete, poderiamos situar ao lado da lingua unha icona que ligase ao ficheiro de audio coa pronuncia (ao lado da lingua porque a lingua só aparece cando a palabra está dentro desa lingua, e por tanto ten pronuncia de seu nela). En todo caso, creo que os elementos do triplete deberían aparecer só cado estean presentes. En calqueira caso, teño algunhas ideas para lidiar coa colocación de pronuncia e etimoloxía (sen agochalas). De todos xeitos, propoño que nos centremos no título (a lingua) que, como xa digo, non me gustou moito cando o vin.
É un pracer estar de volta :) --GallaecioE logo? 12:59, 20 setembro 2009 (UTC)

É un pracer que esteas de volta! O título proposto antes non se vía así, non sei porque agora mudou a visualización (supoño que por cambios no sistema). É unha cabeceira como a do wiktionary en francés. Agora a que máis me gusta é a do wiktionary en portugués (aínda que reduciría o tamaño da fonte a h2, pero mantendo o nivel 1, para deixar o nivel 2 á cabeceira do lema); nese wiktionary as cabeceiras de nivel 1 teñen un deseño distinto no espazo principal de nomes ó do resto das páxinas. Gústame ese sistema. ¿Que vos parece? Gallaecio, ¿saberíalo facer?
Respecto á realización (audio), penso que está ben onde está, pero debería poderse reproducir na mesma páxina. Non o poría onda a cabeceira de lingua porque unha mesma forma gráfica pode ter varias pronuncias, ben porque procede de varios étimos, ben porque a realización depende do dialecto.
Paréceme ben iso de ir pouco e pouco. Mellor ir cerrando fronte antes de abrir outras novas. Por certo, Gallaecio, preséntoche os modelos modelo:T: e modelo:t^, para listaxes de traducións; algún día presentarei o modelo de categorización de etimoloxías por lingua de orixe. Saúdos. [ Furagaitas * ] 12:22, 21 setembro 2009 (UTC)

Por certo, co Explorer a cabeceira proposta vese correctamente, non así co me navegador. [ Furagaitas * ] 12:23, 21 setembro 2009 (UTC)

traducións

[editar]

Creo que sería mellor distribuír as traducións en dúas columnas. Tamén trocaría a cor de fondo, pero iso non o considero tan importante. Pero que estean en dúas columnas si. E eu engadiría, a tamaño de letra normal. --Norrin strange 08:58, 22 setembro 2009 (UTC)

  • Os cadros despregables antes tiñan outra cor de fondo, pero cambieillela por que destacaba demais. Sobre o de poñer en columnas, depende da extensión das traducións (tanto horizontal como vertical). Por certo: no modelo:comezotraduccións a división en columnas só é compatible con algúns navegadores. Probei nun dos cadros de tradución o que dis do tamaño de letra; a ver que opinades. [ Furagaitas * ] 11:11, 22 setembro 2009 (UTC)