Conversa:u

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

¿Por que a "definición impropia"? Pedro --P Lameiro 23:46, 29 xullo 2008 (UTC)

Non sei se entendo ben a pregunta. Segue estas ligazóns a ver se che aclaran algo: definición impropia, Wiktionary:Glosario. Furagaitas* 18:15, 31 xullo 2008 (UTC)
  • Preguntaba que por que se consideraba impropia a definición. Eu entendía por "impropio" inadecuado, erróneo, como definir araña como insecto de oito patas (como xa o teño visto nalgún dicionario), por exemplo. Busquei no DRAG e a definición que dan de u é precisamente esa: a 20ª letra e o nome da letra u. E paréceme moi forte calificar de "impropia" unha definción que dá a DRAG. Claro que a definición de impropio é o que me dis, ademais do que eu cría. Ben, preténdese logo que a definición poida substituí-la palabra que se define dentro do seu contexto. Difícil o poñemos, desde logo, e non sei se nas miñas definicións cumpro ese criterio. Así será, se os lingüístas o dicides, pero ¿cal sería entón a definición "propia" de u? Aceptarei pulpo como animal de compañía e agradézoche ese glosario ó que me remites. Teño que lelo con calma. Saúdos, Pedro --P Lameiro 18:36, 31 xullo 2008 (UTC)
O primeiro, sinto decepcionarvos pero eu non son lingüista xD. O Modelo:definicionimpropia é unha creación de Sobreira, e igual que a ti, a min tamén me chamou a atención; entendo a súa razón de ser e non o rexeito, pero recoñezo que o seu uso correcto non é sinxelo, como llo comentei no seu día ó seu creador. Supoño que debemos botar man dela cando non sexa posible ou rendible empregar unha definición propia (para a que, por certo, existe o Modelo:def). Furagaitas* 18:58, 31 xullo 2008 (UTC)