Conversa:applejack

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego?[editar]

Isto non é galego. É un termo en inglés que designa unha realidade que non existe en galego. --Norrin strange (conversa) 28 de outubro de 2015 ás 15:45 (UTC)[responder]

  • Certo. Tes que ler a conversa de filet mignon. Son palabras técnicas que nun dicionario galego adicado ao tema, pois teñen que vir. Non son palabras galegas, pero, hai galegos, xente que se adica ao tema, pois que as emprega con xeito, o mundo do cóctel é inmenso... É o que lle explicaba a Lameiro en filet mignon, collemos a pataca, que non é galega de orixe, e facemos cociña galega; e isto eu véxoo parecido. E entendo prefectamente que vos estrañe, pero e que non vexo outra solución máis práctica. Pénsao ben e coméntamo por favor.--Calq (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 03:34 (UTC)[responder]
  • Eu penso que habería que distinguir catro niveis: 1) léxico galego, 2) léxico estranxeiro adaptado ao galego, 3) léxico estranxeiro de uso xeral tomado como préstamo e 4) termos estranxeiros. Penso que até o 3 deberían estar baixo a entrada de galego, mais non 4: termos que polo reducido do seu uso non se poden considerar "en proceso de incorporación ao galego". Cómo clasificalos? Pois (1) e (2) deberían estar no dicionario RAG, e para (3) nos poderían valer dicionarios especializados como o [academia.gal/documents/10157/bfdf1bc3-1a53-4d7f-beb6-8b2e5a705355 Dicionario de alimentación e restauración avaliado pola RAG]. Neste dicionario, e cito, marcáronse en cursiva aquelas formas aínda non integradas na lingua (limoncello por exemplo) que eu as tomo como (3). O que non aparezca neste dicionario entendo que serán termos de uso moi particular que non se poderían considerar galegos. No caso de filet mignon aparece e é unha preparación coñecida, mais penso que non é o mesmo que unha bebida particular dos EUA. Qué che parece? Por certo, que tamén conviría que engadíramos referencias aos artigos, vou darlle unha volta a isto último. Saúdos! --Norrin strange (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 08:02 (UTC)[responder]
  • A solución pode ser máis sinxela, marcando en cursiva os estranxeirismos, e poñendo as observacións presisas. Entraría aquí especialmente o grupo 4 da túa clasificación, que son os que non podemos referenciar. Para as referencias hai o modelo refs...--Calq (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 09:57 (UTC)[responder]
  • Che argumento un pouquiño. Diferenciar entre limoncello, arrak ou applejack, ou entre armañac, e albariño, é máis complexo do que parece, polo menos para min. Entón eu vexo por unha parte o que son nomes comúns en galego (o léxico galego e o léxico adaptado ou tomado como préstamo), e pola outra os estranxeirismos, palabras doutras linguas, que, no seu contexto se usan tan habitualmente como as outras, que incluiría tamén os préstamos e as adaptacións lingüísticas, por definición de estranxerismo, e que veñen sendo nomes comúns tamén, coas súas propias regras de excepción, coa súa definición, e canda os outros nomes comúns, certo é nunha categoría diferenciada se se quer, pero ao final dentro da categoría de galego, porque no fondo isto é un dicionario galego, coxo, moi coxo, pero que inclúe tamén termos raros.--Calq (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 12:35 (UTC)[responder]
  • Coñezo ben o Dicionario de alimentación e restauración, de feito o teño na miña páxina de usuario para ir metendo, pero é ampliable, porque son moi amplos os temas a tratar; é un dicionario con traducións, tamén se centra niso bastante. Está moi ben, pero, cantas especias e herbas hai no mundo? E bebidas? Este dicionario conta con aproximadamente 3000 entradas, que para falar de alimentación, e restauración, está moi ben, pero é ampliable. Esta palabra en concreto, este ano académico, é posible pregunta de exame, no CIFP Paseo Das Pontes (A Coruña) na materia de Gastronomía e Nutrición, polo menos cando a min me tocou foi así, e supoño que seguirá sendo así; e quero dicir, que o dicionario recolle termos, e este non está aí recollido, entón o dicionario é mellorable.--Calq (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 13:45 (UTC)[responder]

(A continuación a proposta. Aplicaría só a termos non incluídos en dicionario RAG ou en dicionarios especializados, como o caso de applejack).

Estranxeirismo:

{{-gl-}}
{{etim||gl}}
{{pronuncia||gl}}
{{son|||gl}}
{{-subst-|gl}}
'''''{{PAGENAME}}'''''
#''{{En|applejack}}'', bebida espiritosa [...] de mazá.
#*{{obs|o termo ''applejack'' non está incorporado á lingua, polo que aconséllase escribilo en cursiva.}}

Cómpre tamén engadir a definición en inglés, agora sen cursivas, e que teña tamén a definición completa mais á inversa:

'''{{PAGENAME}}'''
#''{{Gl|applejack}}'', bebida espiritosa [...] de mazá.

Xa me dirás como o ves. Saúdos! --Norrin strange (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 13:50 (UTC)[responder]


  • Boas. Perdón pola miña inactividade. Non hai nada que obxectar en contra da túa proposta, propós un modelo talmente proporía eu.
    • Mais, xeneralizando, non está claro onde aplicarse. Por exemplo: arrak, limoncello ou ouzo, os dous primeiros aparecen nun dicionario especializado en cursiva, o último non aparece en galego en ningún. (Propós que os dous primeiros deixen de estar en cursiva, cando supoño tamén deberían estar). Entón hai que propoñer varias razóns obxectivas xerais para aplicar o modelo (ou non o empregar nunca, pero hai que ser coherentes).


Certamente, non sei se me explico ben e entendes a miña postura ou ignorancia, non sei... pero cal é a diferenza entre rugby, Newton ou software e este termo? E o whisky...? E tantos exemplos... O grao de incorporación á lingua é algo tan subxectivo, sobre todo en certos temas. E no tema da alimentación, dalgún xeito non hai ningunha diferenza entre o sake e o applejack. Perdón por non entenderte ben creo, pero pouco a pouco...--Calq (conversa) 1 de decembro de 2015 ás 15:22 (UTC)[responder]

Boas! Entendo o que dis, que é algo subxectivo... por iso debemos ir a referencias fiables. Resumidamente propóñoche o seguinte:

  1. O dicionario da RAG recolle sake, rugby, whisky e newton, e polo tanto quedan fora desta discusión: se a RAG di que son galegas, non hai moito máis que facer.
  2. No caso dos termos de dicionarios especializados cómpre facer unha diferencia:
    1. Termos marcados como estranxeirismo, como limoncello, si deberían permanecer como tal e marcarse en cursiva.
    2. Termos "normais" sen cursiva.
  3. Estranxeirismos que non aparezan en dicionarios especializados: formato da entrada dobre que che propoño.

Saúdos! --Norrin strange (conversa) 1 de decembro de 2015 ás 15:53 (UTC)[responder]