Saltar ao contido

Conversa:anubrar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Dubido de que os verbos que son pronominais deban ter entrada directa sen ser pronominais. Quero dicir que, para min, a entrada debería ser anubrarse, "anubrar" sería redireccionado a esa páxina. Motivo primeiro: é imposible, polo xeral, definir un verbo pronominal coma se non o fose (véxase a definición desta páxina). Doume conta de que rompo coa estrutura habitual dos dicionarios. Tamén se podería indicar ese uso pronominal como único.

En caso de que teña un uso pronominal e outro non pronominal, debería primar o non pronominal; pero eu non sei facelo--Raspiñeiro 16:11, 17 abril 2009 (UTC)

Para este caso concreto deixo un exemplo de que non sempre funciona como pronominal:
"Por eso doime que a desconfianza, chegue a anubrarche tanto a razón, ¡que astra che faga perdé-la espranza crendo posibre miña treiceón!" (Juan Pla Zubiri, A tola de Covas).
Respecto a isto son bastante conservador. [ Furagaitas * ] 12:03, 18 abril 2009 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "anubrar"

Iniciar unha conversa