turiferario

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Anxo turiferario nunha vidreira dunha igrexa de París

Substantivo masculino

turiferario (sg: turiferario; pl: turiferarios)

  1. (Relixión) Persoa que leva o incensario nas procesións ou nas diferentes cerimonias relixiosas.
  2. (Relixión) Anxo que porta o incensario nas imaxes da Crucifixión ou outras escenas funerarias.
    • Exemplo: A ámbolos lados do Pórtico da Gloria podemos ver dous anxos turiferarios.

    • Termos relacionados: turíbulo
  3. (Figurado) Adulador.
    • Exemplo: Os turiferarios do partido fixeron moito mal ó Presidente.

    • Sinónimos: adulador, afagador

Observacións

  • Úsase tamén como adxectivo.

Traducións