imaxe
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
galego
Substantivo masculino
Etimoloxía: aínda non temos a etimoloxía desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.Pronuncia: aínda non temos a pronuncia desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.
| singular | plural |
| imaxe | imaxes |
imaxe
- Representación dun obxecto por medios visuais, gráficos, plásticos ou fotográficos.
- Estampa ordinariamente gravada e coloreada máis ou menos groseiramente.
- Efixie ou pintura de Xesús, da Virxe ou dun santo. Por extensión pode tamén ser a representación plástica dunha persoa ou cousa.
- Idea, representación mental.
- Para falar da semellanza entre duas cousas.
- (Física) En óptica:
- Imaxe real: A que se produce polo concurso dos raios de luz no foco real dun espello cóncavo ou dunha lente converxente
- Imaxe virtual: A formada aparentemente detrás do espello.
- Fotografía e artes gráficas: Reprodución da figura dun obxecto pola combinación dos raios de luz.
- (Lingüística): Representación viva e eficaz dunha cousa por medio da linguaxe.
- (Literatura) Figura literaria. Metáfora pola cal se fai unha idea máis viva e máis sensible, prestándose ao obxecto do cal se fala das formas, das aparencias, das calidades tomadas a outros obxectos.
- (Matemáticas) Elemento que se asocia a outro nunha correspondencia.