anxo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «anxo».
  • Pronuncia: /ˈan.ʃo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

anxo (sg: anxo; pl: anxos)

  1. (Relixión) Ser etéreo presente nas crenzas de moitas relixións cuxos deberes son asistir e servir a Deus. Segundo as tres principais relixións monoteístas, os anxos actúan como mensaxeiros.
    • Exemplo: A hostia consagrada chámase 'pan dos anxos'.

    • Termos relacionados: arcanxo
  2. (Deportes) Modalidade de salto de trampolín que se practica cos brazos estendidos e algo retrasados.
  3. (Figurado) Persoa de excelente talante e considerada cos demais.

Formas incorrectas

Traducións