pubikini

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pu.bi.'ki.ni/ (AFI)

Substantivo masculino

pubikini (sg: pubikini; pl: pubikinis)

  1. En 1985, catro semanas antes da súa morte, o modisto Rudi Gernreich, que xa deseñara o microkini, deu a coñecer o bikini máis diminuto, un traxe de baño en topless que deixaba ao descuberto o monte de Venus da usuaria. Ten unha parte inferior moi delgada, en forma de V, estilo tanga, que na parte de diante presenta unha diminuta fita de tea que expoñía o pelo púbico da usuaria. Foi descrito como unha pièce de résistance (peza de resistencia) que liberaba totalmente o corpo da muller.

Véxase tamén

microkini