posto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

posto (ms: posto; mpl: postos; fs: posta; fpl: postas)

Participio

  1. Participio de dos verbos poñer e pór.

Adxectivo

  1. Que vai amañado, preparado con adobíos, peiteados ou outras galas.
    • Exemplo: Que posta vés hoxe! Ela vaiche sempre moi ben posta.

  2. Que é agradable á vista polos seus trazos ou pola proporción do seu corpo.
    • Exemplo: O Fran é moi bo mozo, non o hai máis posto

      .
  3. Que está resolto, empeñado ou determinado para} facer algo.
    • Exemplo: Está posto para librar á señora

      .
  4. (Figurado) Experto ou bo coñecedor dunha materia ou dun asunto.
    • Exemplo: Está moi posto en matemáticas

      .

Substantivo feminino

  1. Acción de poñerse o Sol.
    • Exemplo: Vimos unha posta de Sol preciosa

      .
  2. Acción de poñer unha ave ou un réptil os ovos.
    • Exemplo: As galiñas xa empezaron a posta. As tartarugas mariñas chegaron á praia para realizaren a posta

      .
  3. Cantidade de ovos que pon unha ave ou un réptil en certo tempo.
    • Exemplo: A primeira posta foi de cinco ovos

      .
  4. Lugar ou zona onde os mariñeiros van pescar.
    • Exemplo: As augas da illa de Sálvora sempre forobn unha boa posta

      .

Substantivo masculino

  1. Lugar que ocupa unha persoa ou cousa, lugar que lle corresponde.
    • Exemplo: Cadaquén que ocupe o seu <posto. Teño o posto número 3 na lista. O primeiro posto da clasificación

      .
  2. Función que desempeña unha persoa para gañar a vida.
    • Exemplo: Que posto tes na empresa?

      .
  3. Lugar onde está establecido un servizo.
    • Exemplo: O posto de bombeiros. O posto da Cruz Vermella

      .
  4. Lugar de venda, polo xeral pequeno e situado na rúa ou nun mercado.
    • Exemplo: Ten un posto de carne na praza de abastos. Un posto de castañas asadas nos soportais

      .
  5. Destacamento permanente da Garda Civil ou de carabineiros cuxo xefe inmediato ten un grao inferior ao de oficial
    • Exemplo: O sarxento abandoou o seu posto media hora

      .
  6. (Exército) Campo ou outro lugar ocupado polos soldados ou axentes da policía en actos de servizo.
    • Exemplo: Os pocicías abandoaron o seu posto porque no entenderon as ordes

      .