paleozoico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «paleozoico».
  • Pronuncia: /pa.leo.ˈθoi.ko/ ou /pa.leo.ˈsoi.ko/ (AFI)

Adxectivo

paleozoico (ms: paleozoico; mpl: paleozoicos; fs: paleozoica; fpl: paleozoicas)

  1. (Xeoloxía) Dise dunha das grandes partes da historia xeolóxica da Terra, que corresponde á primeira das eras xeolóxicas, e que abarca desde o fin do precámbrico, hai uns 570 millóns de anos, até hai uns 230 millóns de anos, e que comprende os períodos cámbrico, ordovícico, silúrico, devónico, carbonífero e pérmico.
    • Exemplo: A oroxénese herciniana tivo lugar durante a era paleozoica

      .
  2. (Xeoloxía) Petencente ou relativo a dita era.
    • Exemplo: As rochas paleozoicas.

Substantivo masculino

paleozoico (sg: paleozoico; pl: paleozoicos)

  1. (Xeoloxía) Primeira das eras xeolóxicas, que durou arredor de 300 millóns de anos.
    • Exemplo: O silúrico é un dos seis períodos que forman parte do paleozoico.