ordenanza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /or.ðe.'naŋ.θa̯/ ou /or.ðe.'naŋ.sa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

ordenanza (sg: ordenanza; pl: ordenanzas)

  1. Conxunto de normas ou disposicións polo que se rexe unha comunidade.
    • Exemplo: No próximo pleno do Concello vanse revisar as ordenanzas municipais.

Substantivo masculino

ordenanza (sg: ordenanza; pl: ordenanzas)

  1. (Exército) Soldado que está ao servizo dun oficial.
    • Exemplo: O coronel deulle ao seu ordenanza tres días de permiso.

Substantivo

ordenanza (sg: ordenanza; pl: ordenanzas)

  1. Empregado de certas institucións ou oficinas que fai algunhas funcións subalternas.
    • Exemplo: No noso Instituto hai tres ordenanzas.