facenda

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fa.'θeŋ.da̯/ ou /fa.'seŋ.da̯/ (AFI)

Substantivo feminino

facenda (sg: facenda; pl: facendas)

  1. Conxunto dos bens dunha persoa.
    • Exemplo: É un señor con moita facenda.

  2. Conxunto das propiedades rurais que posúe alguén.
    • Exemplo: A súa fasenda está formada por sinco casas e trinta leiras.

  3. Conxunto dos animais domésticos dunha casa rural.
    • Exemplo: A súa facenda é un rabaño de vacas e outro de ovellas.

  4. Conxunto das rendas, impostos e outros bens de calquera tipo rexidos polo Estado ou por outros entes públicos.
    • Exemplo: Rendas do Estado.

  5. Departamento da Administración pública que elabora os orzamentos xerais do Estado, recada os ingresos establecidos e coordina e controla os gastos dos diversos departamentos.
    • Exemplo: Na Delegación Provincial da Facenda informáronme sobre a reforma fiscal.

Observacións

Na 4ª e na 5ª acepcións escríbese con inicial maiúscula.