imposto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /im.'pɔs.to̯/ (AFI)

Substantivo masculino

imposto (sg: imposto; pl: impostos)

  1. Cantidade que un cidadán ou unha empresa debe pagar, en función da súa capacidade económica, ao Estado ou a outro organismo da Administración pública, para contribuír ao seu orzamento.
    • Exemplo: Hoxe fixen a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Sinónimos

tributo

Termos relacionados

imposto de luxo, imposto directo, imposto ecolóxico, imposto indirecto, imposto revolucionario, imposto sobre a renda das persoas físicas.