espontáneo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /es.poŋ.ˈta.ne̯o̯/ (AFI)

Adxectivo

espontáneo (ms: espontáneo; mpl: espontáneos; fs: espontánea; fpl: espontáneas)

  1. Que se produce por impulso propio, sen intervención externa.
    • Exemplo: A moza sentiu o desexo espontáneo de chorar, e chorou.

  2. Que actúa sen reflexionar.
    • Exemplo: Non son nada espontáneos. Unha reacción espontánea.

  3. (Botánica) Dise da planta que se propaga sen cultivar.
    • Exemplo: O prado está cheo de herbas espontáneas.

Substantivo

espontáneo (ms: espontáneo; mpl: espontáneos; fs: espontánea; fpl: espontáneas)

  1. Persoa que durante unha corrida de touros se lanza á area.
    • Exemplo: Nunha corrida en Pamplona saltou á praza unha espontánea.

Termos relacionados

espontaneidade, xeración espontánea