cultivar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kultiˈβaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

cultivar

  1. (Agricultura) Traballar a terra para obter produtos agrícolas con maior rendemento do que dá naturalmente.
  2. Por extensión, criar animais con medios análogos, especialmente para a súa explotación comercial.
  3. (Bioloxía) Desenvolver microorganismos nun medio adecuado para a súa reprodución.
  4. Exercitar unha habilidade ou arte de maneira disciplinada e sistemática.
  5. Por extensión, facer o propio coas relacións sociais.

Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo

cultivar

  1. Cultivar.


Catalán

Verbo

cultivar

  1. Cultivar.


Portugués

Verbo

cultivar

  1. Cultivar.