espeso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /es.ˈpe.so/ (AFI)

Adxectivo

espeso (ms: espeso; mpl: espesos; fs: espesa; fpl: espesas)

  1. Dito dun líquido, que ten abundantes compoñentes sólidos disoltos.
    • Exemplo: Gústame as sopas espesas.

  2. Dito dunha masa ou dunha substancia fluída, que ten moita densidade.
    • Exemplo: Da cheminea saía un fume espeso. A néboa era tan espesa que non se vía nada.

  3. Que está formado por elementos en abundancia e moi xuntos.
    • Exemplo: Meu tío Antón ten as cellas moi espesas. Un bosque espeso.

  4. Dito de dúas ou máis cousas, que están moi xuntas e apertadas.
    • Exemplo: Botei moita semente, e na leira o trigo está demasiado espeso

      .