enlace

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /eŋ.'la.θe̯/ ou /eŋ.'la.se̯/ (AFI)

Substantivo masculino

enlace (sg: enlace; pl: enlaces)

  1. Acción de enlazar.
    • Exemplo: Os trens fixeron o enlace na estación de Monforte de Lemos.

  2. Relación ou unión dunha cousa con outra.
    • Exemplo: Na estación de Ourense realízase o enlace de dous trens.

  3. Persoa a través da cal outras manteñen unha relación entre si, especialmente dentro dunha organización secreta.
    • Exemplo: Toda a información entre os dous grupos terroristas realízase a través dun enlace.

  4. Cerimonia de casamento.
    • Exemplo: todos os primos dos contraentes fonron convidados ao enlace.

  5. (Física) e (Química) Unión entre os átomos dunha molécula, debido ás forza de atracción entre eles.
    • Exemplo: Enlace covalente. Enlace iónico.

  6. (Informática) Texto ou imaxe nun documento electrónico que, mediante un clic, permite obter información dun mesmo ou distinto servidor.
    • Exemplo: Na miña computadora teño enlaces con varios servidores.

Observacións

Termos relacionados

enlace matrimonial, enlace químico, enlace sindical