elevar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ɛle.ˈβaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

elevar

  1. Mover cara ao alto ou poñer nun lugar máis alto unha persoa ou unha cousa.
    • Exemplo: Elevaron ao principe ao trono.

  2. Aumentar o nivel, a cantidade ou o grao de algo.
    • Exemplo: As fortes chuvias elevaron o nivel da auga nos enbalses.

  3. Aumentar algo até que alcance certa magnitude.
    • Exemplo: Elevou a poxa a 200 euros.

  4. Colocar a alguén nun posto ou emprego, mellorar a súa condición social ou política.
    • Exemplo: O persoeiro foi elevado á condición de fillo predilecto do Concello.

  5. Dirixir un escrito ou unha petición a unha autoridade.
    • Exemplo: Os empregados desa empresa pública elevaron unha petición os Goberno.

  6. Construír un edificio.
    • Exemplo: Os cofrades elevaron unha capela nova.

  7. (Matemáticas) Multiplicar unha cantidade ou expresión por si mesma un determinado número de veces, indicado polo expoñente.
    • Exemplo: Elevar un número a unha potencia.

Termos relacionados

elevación, elevadamente, elevado, elevador, elevar aos altares, elevarse.

Verbo pronominal

elevarse

  1. Chegar unha cantidade a unha determinada cifra.
    • Exemplo: O número de accidentes laborais elevouse e tres por semana.

  2. Moverse algo cara ao alto.
    • Exemplo: Despexada a néboa, o avión elevouse na pista.