contraste

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kon.ˈtɾas.te/ (AFI)

Substantivo masculino

contraste (sg: contraste; pl: contrastes)

  1. Diferenza ou oposición dunha cousa con respecto a outra coa que se compara.
    • Exemplo: O contraste de ideas pode resultar moi positivo en varios campos.

  2. Diferenza entre as zonas máis claras e as máis escuras nunha imaxe fotográfica ou televisiva.
    • Exemplo: Gústanme estas fotos porque teñen un amplo contraste na luz.

  3. Sinal ou marca que se grava nun obxecto dun metal nobre que foi contrastado.
    • Exemplo: Todas as xoias e obxectos artísticos en metais nobres deben levar un contraste para garantir a súa autenticidade.

  4. (Medicina) Substancia que se introduce no corpo dun doente para faceren visíbeis, nos exames radiolóxicos, órganos ou partes do organismo.
    • Exemplo: Inxectáronme un contraste para facerme unha radiografía dos pulmóns

      .