Saltar ao contido

bico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bico».
  • Etimoloxía: do céltico beccus.
  • Pronuncia: /ˈbiko̝/ (AFI)

Substantivo masculino

bico (sg: bico; pl: bicos)

Adaptacións do bico segundo os distintos tipos de alimentación.
  1. (Ornitoloxía) Parte da cabeza das aves que comprende ambas as mandíbulas (o bico óseo) revestidas dun estoxo córneo e duro (o bico córneo ou ranfoteca).
    • Exemplo: O tamaño e a forma dos bico son trazos característicos usados para a clasificación das aves.

    • Sinónimos: peteiro.
  2. Por extensión, boca ou fociño doutros animais, ou do home.
    • Exemplo: A maragota ten o bico aguzado.

  3. (Figurado e coloquial) Boca.
    • Exemplo: Partiulle o bico dunha puñalada.

  4. (Zooloxía) Fociño longo, plano e largo dos mamíferos monotremas da familia dos ornitorrínquidos.
    • Exemplo: O ornitorrinco ten un bico que recorda ao do pato.

    • Sinónimos: peteiro.
  5. (Zooloxía) Boca das tartarugas.
    • Exemplo: As tartarugas non posúen dentes, senón que teñen a boca formando un bico córneo.

    • Sinónimos: peteiro.
  6. (Zooloxía) Órgano bucal dos insectos coleópteros da familia dos cucurliónidos e dalgúns hemípteros.
    • Exemplo: Os gorgullos teñen a cabeza prolongada nun bico ou rostro que leva as mandíbulas no seu extremo final.

  7. Parte máis ou menos acabada en punta que sobresae da superficie o do bordo dalgunha cousa.
    • Exemplo: Non demos chegado ao bico do monte.

    • Sinónimos: pico.
  8. Peza posta no extremo dunha manga pasteleira, para obter diferentes resultados.
  9. Punta acanalada que teñen no bordo algunhas vasillas ou outros recipientes para facilitar o vertido do líquido que conteñen
  10. Acción de tocar algo cos beizos con agarimo.
    • Exemplo: Deulle un bico á rapaza.

    • Sinónimos: beixo.

Locución substantiva masculina

Traducións