abeto de Douglas

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Individuo maduro de abeto de Douglas

Open book 01.png Locución substantiva masculina

  1. (Botánica) Árbore da familia das pináceass, Pseudotsuga menziesii ou Pseudotsuga taxifolia, que é un falso abeto, parecido ao común, pero coas piñas colgantes, que pode chegar aos 100 m de altura, orixinario da parte occidental de América do norte e as montañas rochosas, pero que se cultiva en moitos países europeos de clima adecuado como especie forestal, xa que é unha árbore de crecemento rápido que produce unha apreciada madeira, coñecida comercialmente como «piñeiro de Oregón».